domingo, 18 de junio de 2023

CAMPIÓNS GALEGOS E PRAZA CONSEGUIDA PARA O CAMPIONATO DE ESPAÑA DE CLUBS

O equipo Alevín Masculino de Primeira División do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia proclamouse campión galego da presente tempada 2022/2023.

Excelente tempada e incrible participación do noso equipo na Fase Final da Primeira División Alevín Masculina disputada no concello de A Estrada.

Ademais do título de campións galegos os nosos rapaces conseguiron unha das dúas prazas dispoñibles para a participación no Campionato de España de Clubs Alevín Masculino que se celebrará en Granada.

Parabéns a xogadores, técnicos, familias e a todo o club por este enorme éxito!

FELICIDADES A TOD@S!

O SEIS DO NADAL - COIA MOI PRESENTE NA XUNTANZA DE CATEGORÍA PREMINIBÁSKET

Moi boa experiencia o pasado sábado día 17 de xuño do 2023 para cinco xogador@s do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia na Xuntanza de Preminibásket organizada pola Federación Galega de Baloncesto en Pontevedra.

Formaron parte das seleccións de Vigo de categoría benxamín masculina e feminina: Iago Garín, Unai Rojo, Roi Vílchez, Laia Alonso e Coral Pérez. Parabéns a tod@s por esta nova experiencia!

E tamén estiveron presentes nesta Xunta Preminibásket os nosos técnicos Daniel Fernández e Pablo Estévez como adestradores da Selección Galega 2014 Masculina. Moitas felicidades aos dous por esta vivencia sumada!

sábado, 17 de junio de 2023

AS XOGADORAS DO BENXAMÍN FEMININO DO CLUB PROCLAMÁRONSE TERCEIRAS DE GALICIA NA LIGA FGB PREMINI

As xogadoras do noso equipo Benxamín Feminino do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia remataron a tempada sendo as terceiras de Galicia.

Gran traballo ao longo de toda a tempada e na fin de semana na que se disputou a Fase Final da Liga FGB Premini da Federación Galega de Baloncesto no Concello de A Estrada.

Parabéns e moitas felicidades a tódalas rapazas e ao seu corpo técnico!

O BENXAMÍN MASCULINO "A" DO CLUB REMATOU A TEMPADA COMO CUARTO DE GALICIA NA LIGA FGB PREMINI

Os integrantes do equipo Benxamín Masculino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia remataron a tempada sendo os cuartos de Galicia.

Excelente tempada do noso equipo e moi boa actuación na Fase Final da Liga FGB Premini da Federación Galega de Baloncesto disputada no Concello de A Estrada.

Parabéns e moitas felicidades a tódolos xogadores e aos seus adestradores!

O SEIS DO NADAL - COIA RECIBE O GALARDÓN "O BALONCESTO EDUCA" DA FEDERACIÓN GALEGA DE BALONCESTO

Moitas grazas á Federación Galega de Baloncesto polo galardón "O Baloncesto Educa" recibido nas Fases Finais de Minibásket e Preminibásket disputadas no Concello de A Estrada. Entregounos o galardón Julio Bernárdez, Presidente da Federación Galega, e José López, Alcalde de A Estrada.

Este premio recollido por Iria Otero e Sergio González, Presidenta e Director Deportivo do noso club, gratificou a deportividade e transmisión de valores dos nosos equipos tanto no terreo de xogo como nas bancadas de familiares e amig@s.

É todo un orgullo para toda a nosa entidade ser o club impulsor deste premio no baloncesto galego desde a súa creación no noso Torneo de Minibásket 2023 no pavillón de Navia.

O CADETE FEMININO "C" DO CLUB CAMPIÓN DA COPA PREMIUM DA DELEGACIÓN VIGUESA

O equipo Cadete Feminino "C" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, Seis do Nadal Illas Cíes, proclamouse campión da Copa Premium da Delegación de Vigo da Federación Galega de Baloncesto.

A final disputouse a un único partido en pista neutral, no Colexio Apóstol, conseguindo a vitoria o noso conxunto ante o equipo do Defensores do Morrazo.

Parabéns e moitas felicidades a tódalas xogadoras do equipo e aos técnicos!

O CADETE MASCULINO "B" DO CLUB CAMPIÓN DA COPA PREMIUM DA DELEGACIÓN VIGUESA

O equipo Cadete Masculino "B" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, Seis do Nadal Celso Emilio Ferreiro, proclamouse campión da Copa Premium da Delegación Zonal de Vigo da Federación Galega de Baloncesto.

A final disputouse a dous partidos. O primeiro partido disputado no Colexio Seis do Nadal rematou cun empate no marcador. O partido de volta xogouse no Colexio Los Sauces e rematoouo con vitoria para os nosos xogadores.

Parabéns e moitas felicidades a tódolos xogadores do equipo e ao seu adestrador!

jueves, 13 de abril de 2023

UNHA REPRESENTACIÓN DO SEIS DO NADAL - COIA VISITA AS INSTALACIÓNS DE VASCO SHIPPING

No pasado mes de marzo do presente ano unha representación do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia visitou asi nstalacións en Vigo de Vasco Shipping.

Moitas Grazas a esta empresa pola súa colaboración e implicación co noso proxecto deportivo por segunda tempada consecutiva. Moitas Grazas!

O responsable en Galicia de Vasco Shipping, Pablo Paz, explicou aos membros do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia o funcionamento da empresa creada no ano 2000 no seno do grupo Vasco para representar en exclusiva a naviera china Cosco.

martes, 28 de febrero de 2023

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA UNHA NOVA EDICIÓN DO CAMPUS DE VERÁN 2023 DO SEIS DO NADAL - COIA

Despois da excelente acollida da pasada tempada, abrimos a inscirición para unha nova edición do Campus de Verán 2023 do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia!

Durante a semana do 3 ao 8 de xullo do 2023 e do 10 ao 15 de xullo do 2023 celebrarase nas instalacións do Colexio Seis do Nadal o Campus de Verán 2023 organizado un ano máis, un verán máis, polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia dirixido a nenos e nenas de entre 6 e 17 anos..

Este campus ofrecerá unha formación deportiva específica que esta edición contará con contidos de inicicación e tamén de perfeccionamento que correrá a cargo de técnicos que contan cunha contrastada experiencia. Os adestramentos e sesións de baloncesto serán levados a cabo por adestradores do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia e por adestradores, técnicos e xogadores convidados doutros clubes e seleccións..

As xornadas se desenvolverán nas pistas do Colexio Seis do Nadal entre as 10:00 e as 13:30 horas. Non deixes escapar a oportunidade de pasar o verán connosco e lembralo como un dos teus mellores na nosa compaña. 

Poderán inscribirse neste Campus de Verán os deportistas dos equipos federados e de todas as escolas deportivas do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia e tamén se poderán anotar os deportistas do baloncesto vigués e galego que así o desexen, desde a categoría benxamín (nados no ano 2016) ata a júnior (nados no ano 2006). 

O prezo deste campus é de 110 euros por unha semana e de 190 euros por dúas semanas. Para os deportistas do club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, do deporte federado e das escolas deportivas, e os seus irmáns ou irmás, o prezo será de 90 euros unha semana e de 150 euros dúas semanas. Nesta edicion haberá descontos por facer a inscrición antes do 31 de maio do 2023: 10 euros de desconto sobre cada cuota de inscrición.

As prazas dispoñibles para esta nova edición do Campus de Verán 2023 son limitadas e éstas se farán efectivas por rigorosa orde de inscrición (tendo validez a data que figure en cada comprobante de pago). A inscrición desta nova edición do Campus de Verán 2023 se fará a través do seguiente formulario web pulsando aquí.

miércoles, 18 de enero de 2023

GUILLERMO RODRÍGUEZ, ADESTRADOR DO CLUB, SUMANDO EXPERIENCIAS NA SÚA FORMACIÓN CO PANATHINAIKOS BC

Guillermo Rodríguez, adestrador do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia e alumno do Ciclo Inicial de Adestradores e Adestradoras do Ciclo de Baloncesto de Vilagarcía de Arousa, estivo en Atenas realizando as súas prácticas do Proxecto Erasmus.

Estivo un mes traballando en pista coas categorías inferiores do mítico club Panathinaikos BC, seis veces campión de Europa.

Sumando experiencias na súa formación como adestrador! Parabéns Guillermo!

miércoles, 21 de diciembre de 2022

AS XOGADORAS DO VASCO SHIPPING SEIS DO NADAL FELICITARON AOS AUTORES DAS POSTAIS DE NADAL FINALISTAS

O pasado sábado día 17 de decembro do 2022 durante o descanso do partido Sénior Feminino de Primeira Nacional na pista do pavillón de Balaídos o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia deu a coñecer a postal gañadora do 16º Concurso de Postais de Nadal.

As xogadoras do Vasco Shipping Seis do Nadal, ao remate do seu partido, felicitaron a Iago Vázquez, xogador do equipo federado Alevín Masculino "B" do club e autor da postal gañadora, e a tódolos autores das postais finalistas.

Tódolos finalistas do Concurso de Postais de Nadal recibiron os seus premios cortersía de PapelYa! durante o descanso do partido. Parabéns ao gañador e aos finalistas e moitas grazas aos preto de 120 xogadores e xogadoras do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia que enviaron a súa postal nesta nova edición.

martes, 20 de diciembre de 2022

IAGO VÁZQUEZ, XOGADOR DO ALEVÍN MASCULINO "B", FOI O GAÑADOR DO CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

(Postal de Nadal deseñado por Iago Vázquez, xogador alevín do club)

Esta tempada 2022/2023 o Club Baloncesto Seis do Nadal Coia organizou por décimo sexto ano consecutivo a 16ª Edición do Concurso de Postais de Nadal dirixido aos xogadores e ás xogadoras de categoría minibásquet dos equipos federados e das escolas.

A postal gañadora do 16º Concurso de Postais de Nadal foi a postal deseñada e presentada por Iago Vázquez, xogador do equipo federado Alevín Masculino "B".

A postal gañadora do concurso realizada polo xogador Iago Vázquez será a Postal de Nadal coa que o Club Baloncesto Seis do Nadal Coia felicitará as festas a presente tempada 22/23 a tódolos seus deportistas, técnicos, familiares, amigos, etc.

viernes, 16 de diciembre de 2022

XA SE COÑECEN AS SEIS POSTAIS FINALISTAS DO 16º CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL DESTA TEMPADA

(Postais finalistas do 16º Concurso de Postais de Nadal)

Esta tempada 21/22 o Club Baloncesto Seis do Nadal Coia organizou por décimo sexto ano consecutivo a 16ª Edición do Concurso de Postais de Nadal dirixido a tódolos xogadores e xogadoras de minibásquet dos equipos federados da entidade.

A postal gañadora do concurso será a Postal de Nadal coa que o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia felicitará as festas nesta tempada a tódolos seus deportistas, técnicos, familiares, amigos, colaboradores, patrocinadores, etc.

O concurso tivo, novamente, unha gran acollida e resposta por parte dos xogadores e xogadoras das categorías benxamín e alevín, realizando e debuxando preto de 120 postais de Nadal cunha gran calidade e orixinalidade.

Despois de seleccionar as seis postais finalistas, publicadas nesta mesma noticia, entre as preto de 120 postais que foron recibidas nesta nova edición; o xurado, formado pola Xunta Directiva e pola Dirección Deportiva do noso club, decidiu a postal gañadora do 16º Concurso de Postais de Nadal que se fará público o próximo sábado 17 de decembro do 2022 no descanso do partido Sénior Feminino de 1ª División no pavillón de Balaídos.

sábado, 26 de noviembre de 2022

CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DO CLUB BALONCESTO SEIS DO NADAL - COIA

Estimados/as amigos e amigas:

A Xunta Directiva do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia convoca a Asemblea Xeral Ordinaria, que terá lugar na Sala Rosalía do Colexio Seis do Nadal (Coia) o venres día 16 de decembro do 2022 en primeira convocatoria ás 19:00 horas e ás 19:30 horas en segunda convocatoria e que tratará a seguinte orde do día:

1º- Lectura e aprobación da Acta anterior.

2º- Informe da Memoria Deportiva das Tempadas 2019/2020, 2020/2021 e 2021/2022 e Proxecto Deportivo para a Tempada 2022/2023.

3º- Aprobación do Balance Económico das Tempadas 2019/2020, 2020/2021 e 2021/2022.

4º- Aprobación do Orzamento para as Tempadas 2020/2021, 2021/2022 e 2022/2023.

5º- Aprobación da Cuota Anual e da súa forma de pago para as Tempadas 2020/2021, 2021/2022 e 2022/2023.

6º- Resumo das principais actuacións das Tempadas 2019/2020, 2020/2021 e 2021/2022.

7º- Suxestións e Preguntas.

A Xunta Directiva.

viernes, 25 de noviembre de 2022

NO SEIS DO NADAL - COIA, E EN 62 CLUBS GALEGOS MÁIS, NON ENTRAMOS POLO ARO COAS VIOLENCIAS MACHISTAS

Hoxe, 25 de novembro, é o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

No Club Baloncesto Sei do Nadal - Coia, e en 62 dos clubs da familia do baloncesto galego, NON entramos polo aro coas violencias machistas.

Todos e todas o temos ben claro e berramos xuntos: NON!

martes, 22 de noviembre de 2022

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O CAMPUS DE INVERNO 2022 DO CLUB BALONCESTO SEIS DO NADAL - COIA

Despois do éxito do Campus de Verán 2022 o Club Baloncesto Seis do Nadal xa ten preparada unha nova actividade: o Campus de Inverno 2022..

Durante os días 26, 27, 28 e 29 de decembro do 2022 celebrarase nas instalacións do Colexio Seis do Nadal o Campus de Inverno 2022 organizadas polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia dirixido a nenos e nenas de entre 6 e 17 anos..

Este campus ofrecerá unha formación deportiva específica que esta edición contará con contidos de inicicación e tamén de tecnificación que correrá a cargo de técnicos que contan cunha contrastada experiencia. As sesións estarán centradas na mecánica de tiro, na técnica individual, na táctica individual, na toma de decisións e na preparación física..

As xornadas se desenvolverán nas pistas do Colexio Seis do Nadal entre as 10:30 e as 13:30 horas. Non deixes escapar a oportunidade de pasar as vacacións de Nadal connosco e lembralas como unha das túas mellores na nosa compaña. 

Poderán inscribirse neste Campus de Inverno os deportistas dos equipos federados e de todas as escolas deportivas do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia e tamén se poderán anotar os e as deportistas do baloncesto vigués e galego que así o desexen, desde categoría benxamín (nados no ano 2016) e ata júnior (nados no ano 2005). 

O prezo deste campus é de 90 euros por inscrición. Para os deportistas do club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, do deporte federado e das escolas deportivas, e os seus irmáns ou irmás, o prezo será de 70 euros. 

As prazas dispoñibles para o Campus de Inverno 2022 son limitadas e éstas se farán efectivas por rigorosa orde de inscrición (tendo validez a data que figure en cada un dos comprobantes de pago). A inscrición desta nova edición do Campus de Inverno 2022 se fará a través do seguinte formulario web pulsando aquí ou na imaxe do Campus.

viernes, 18 de noviembre de 2022

VOLVE A TRADICINAL PRESENTACIÓN OFICIAL DO CLUB! SERÁ O XOVES DÍA 8 DE DECEMBRO DO 2022 EN NAVIA

Despois de dúas tempadas por fin podemos recuperar esta tempada 2022/2023 a tradicional Presentación Oficial do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.

Na presentación oficial o noso club presentará a tódolos seus equipos federados e a tódalas escolas deportivas, reunindo deste xeito a preto de 700 deportistas, aos que se lle suman os máis de 40 monitores e adestradores/as que conforman o corpo técnico da entidade.

A celebración da Presentación Oficial 2022/2023 terá lugar o próximo xoves día 8 de decembro do 2022 a partir das 12:00 h. no Pavillón Municipal de Navia, nun acto que seguirá o formato "express" das últimas ocasións.

No acto se presentarán aos 31 equipos federados, ao grupo de Baloncesto para Adultos, ás 10 escolas deportivas e ao corpo técnico do club que compoñen a estrutura deportiva da entidade, realizaranse as fotos de equipo oficiais da presente tempada e a foto de grupo que de seguro reflexará o continuo crecemento da nosa entidade ano tras ano.

Ademais presentarase oficialmente a tempada 2022/2023 do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia a tódolos medios de comunicación e a toda a familia do deporte da canastra e da cidade de Vigo nun acto que será presentado por Carlos Tresandí, presentador da Radio Galega.

Desde tódolas seccións do Seis do Nadal - Coia invitamos a tódolos integrantes do club, do presente e do pasado, a asistir a este acto e poder descubrir o elevado número de deportistas que forman parte da entidade, e ao mesmo tempo solicitamos a tódolos asistentes a súa colaboracion para a Recollida de Alimentos entregando na entrada da nosa instalación un quilo de alimentos para apoiar ao Banco de Alimentos de Vigo.

Agardámosvos a tod@s!

O CLUB BALONCESTO SEIS DO NADAL - COIA MOI PRESENTE NO ACTO DE PRESENTACIÓN DA NOVA TEMPADA DE SIAREIROS

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia estivo moi presente na presentación da nova tempada do programa Siareiros da Fundación Vigo en Deporte (VIDE) que se celebrou o pasado luns día 14 de novembro do 2022 no novo pavillón municipal de Quirós.

Na imaxe, un grupo de xogadores/as, técnicos e membros da Xunta Directiva despeidno dito acto xunto a Abel Caballero, Alcalde de Vigo, e Manel Fernández, Concelleiro de Deportes.

Ademais durante o transcurso do acto o noso Director Deportivo, Sergio González, recibiu das mans do Alcalde de Vigo, unha medalla da cidade pola súa traxectoria, pola súa incidencia no deporte local e pola promoción do baloncesto base desde fai xa moitos anos.

Moitas feliciades Sergio en nome de toda a entidade e a seguir traballando polo baloncesto base moitos anos máis!

lunes, 22 de agosto de 2022

A XORNADA DE PORTAS ABERTAS DESTA NOVA TEMPADA 2022/2023 SERÁ O VENRES 26 DE AGOSTO DO 2022

A vindeira tempada 2022/2023 xoga no Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia. Apúntate e proba!

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organizará o próximo venres día 26 de agosto do 2022 unha xornada de portas abertas nas pistas do Colexio Seis do Nadal en Coia..

De 17:00 a 18:00 horas será a quenda das categorías benxamín (nad@s nos anos 2013, 2014 e 2015) e alevín (nad@s nos anos 2011 e 2012). A sesión de adestramentos das categorías infnatil (nad@s nos anos 2009 e 2010), cadete (nad@s nos anos 2007 e 2008) e júnior (nad@s nos anos 2005 e 2006) será de 18:30 a 19:30 horas.

Poderán inscribirse nesta xornada de portas abertas tódolos xogadores e xogadoras que desexen formar parte da familia do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia nesta nova tempada 2022/2023. Soamente terán que enviar os seus datos por whatsapp (627516980) ou ao correo electrónico areadeportiva@seisdonadalcoia.com.

Non o dubides e apúntante nesta xornada! Agardámosvos a todos e todas!

martes, 19 de julio de 2022

O ALCALDE DE VIGO RECIBIU AOS DOUS EQUIPOS QUE PARTICIPARON NA COPA DE ESPAÑA ALEVÍN EN VALENCIA

O Alcade de Vigo, Abel Caballero, recibiu aos dous equipos alevíns do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia que participaron na Copa de España Alevín 2022 celebrada na cidade de Valencia os pasados días 24, 25 e 26 de xuño do 2022.

Tódolos xogadores e xogadoras, acompañados dos seus adestradores e dunha representación da Xunta Directiva da entidade, contáronlle ao rexidor vigués a súa experiencia no torneo de ámbito nacional no que competiron xunto as mellores canteiras de España.

Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia queremos agradecerlle ao Alcalde de Vigo tódalas palabras que lle dirixiu aos nosos deportistas animándolles a seguir traballando e mellorando representando á cidade.