sábado, 17 de junio de 2023

O CADETE FEMININO "C" DO CLUB CAMPIÓN DA COPA PREMIUM DA DELEGACIÓN VIGUESA

O equipo Cadete Feminino "C" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, Seis do Nadal Illas Cíes, proclamouse campión da Copa Premium da Delegación de Vigo da Federación Galega de Baloncesto.

A final disputouse a un único partido en pista neutral, no Colexio Apóstol, conseguindo a vitoria o noso conxunto ante o equipo do Defensores do Morrazo.

Parabéns e moitas felicidades a tódalas xogadoras do equipo e aos técnicos!