viernes, 16 de abril de 2021

O EQUIPO FORBE SEIS DO NADAL PECHA A SÚA PRIMEIRA TEMPADA NA PRIMEIRA NACIONAL FEMININA

O equipo Forbe Seis do Nadal do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia pechou a súa primeira tempada na Primeira Nacional Feminina chegando ata os oitavos de final polo ascenso.

No Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia non podemos estar máis contentos e satisfeitos pola excelente tempada do noso equipo. Parabéns por todo o voso traballo e voso esforzo! Moitas Grazas ás xogadores e aos técnicos por esta histórica tempada!

Agradecemento ao médico e ao enfermeiro

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, xunto ao Alcalde de Vigo, amosou o seu máis sincero agradecemento, no descanso do último partido da competición, a Fernando Zapata e Francisco Capelo, médico e enfermeiro que durante toda a tempada axudaron ao Forbe Seis do Nadal cos tests de antíxenos semanais.

jueves, 15 de abril de 2021

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN DO CAMPUS DE VERÁN 2021 DO CLUB BALONCESTO SEIS DO NADAL - COIA

Durante a semana do 5 ao 10 de xullo do 2021 celebrarase nas instalacións do Colexio Seis do Nadal o Campus de Verán 2021 organizado un ano máis, un verán máis, polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia dirixido a nenos e nenas de entre 6 e 17 anos, e con tódalas medidas de seguridade e hixiene esixidas polas autoridades..

Este campus ofrecerá unha formación deportiva específica que esta edición contará con contidos de inicicación e tamén de perfeccionamento que correrá a cargo de técnicos que contan cunha contrastada experiencia. Os adestramentos e sesións de baloncesto serán levados a cabo por adestradores do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia e por adestradores, técnicos e xogadores convidados doutros clubes e seleccións..

As xornadas se desenvolverán nas pistas do Colexio Seis do Nadal entre as 10:00 e as 13:30 horas. Non deixes escapar a oportunidade de pasar o verán connosco e lembralo como un dos teus mellores na nosa compaña. 

Poderán inscribirse neste Campus de Verán os deportistas dos equipos federados e de todas as escolas deportivas do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia e tamén se poderán anotar os deportistas do baloncesto vigués e galego que así o desexen, desde categoría benxamín (nados no ano 2014) e ata júnior (nados no ano 2003). 

O prezo deste campus é de 95 euros por inscrición. Para os deportistas do club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, do deporte federado e das escolas deportivas, e os seus irmáns ou irmás, o prezo será de 75 euros. Nesta edicion haberá descontos por facer a inscrición antes do 31 de maio do 2021: 85 euros para deportistas externos e 65 euros para deportistas do club e os seus irmáns.

As prazas dispoñibles para o Campus de Verán 2021 son limitadas e éstas se farán efectivas por rigorosa orde de inscrición (tendo validez a data que figure en cada comprobante de pago). Para formalizar a inscrición é preciso enviar a folla de inscrición, a autoricación e o xustificante de pago ao enderezo areadeportiva@seisdonadalcoia.com. 

jueves, 11 de febrero de 2021

IVÁN ROMERO, XOGADOR JÚNIOR DO CLUB, REPRESENTARÁ AO CLUB NO 2º TORNEO AUTONÓMICO NBA 2K21

Xa temos campión do noso Torneo Interno Clasificatorio e, polo tanto, representante do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia para a Segunda Edición do Torneo Autonómico NBA 2K21 que se celebrará o domingo día 14 de febreiro do 2021.

Iván Romero, xogador do equipo Júnior Masculino de Primeira División, participará no 2º Torneo Autonómico NBA 2K21 despois de vencer no Torneo Interno do noso club, torneo que contou coa participación de 14 xogadores desde categoría infantil ata categoría sénior.

sábado, 6 de febrero de 2021

QUEN SERÁ O REPRESENTANTE DO CLUB NA SEGUNDA EDICIÓN DO TORNEO AUTONÓMICO NBA2K21?

Xa temos os cruces da Primeira Rolda do Torneo Interno de Clasificación NBA 2K21 que organizará o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia o próximo domingo 7 de febreiro do 2021 a partir das 11:00 horas da mañá.

O sorteo foi realizado o pasado venres día 6 de febreiro en directo a través da nosa canle de Twitch dirixido por Carlos Tresandí, presentador da Radio Galega, e coa presenza de Sergio González, Director Deportivo, e os adestradores dos 15 xogadores participantes no torneo.

O próximo domingo 7 de febreiro coñeceremos ao noso representante na Segunda Edición do Torneo Autonómico NBA 2K21 que tamén organizará a nosa entidade co apoio da Federación Galega de Baloncesto e a colaboración da tenda deportiva Tiro Libre.

martes, 2 de febrero de 2021

REGRESA O BALONCESTO VIRTUAL! O SEIS DO NADAL COIA ORGANIZA A SEGUNDA EDICIÓN DO TORNEO AUTONÓMICO NBA 2K21

¿Botas de menos o baloncesto e competir a fin de semana?

O Club Baloncesto Seis do Nada - Coia ten de novo a solución e, co apoio da Federación Galega de Baloncesto e a colaboración da tenda deportiva Tiro Libre, organizará a Segunda Edición do Torneo Autonómico NBA 2K21 que terá lugar o domingo 14 de febreiro do 2021 a través da nosa canle de Twitch.

Optarán ao título de Campión Galego un máximo de 32 clubs e entidades da Federación Galega de Baloncesto por rigurosa orde de inscrición. A continuación as bases de competición:

PRESENTACIÓN E EXPLICACIÓN

REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN

SISTEMA DE COMPETICIÓN

RESULTADOS DA XORNADA: SÁBADO 30 E DOMINGO 31 DE XANEIRO DO 2021

miércoles, 23 de diciembre de 2020

lunes, 21 de diciembre de 2020

RODRIGO GARCÍA, XOGADOR DO ALEVÍN MASCULINO "B", FOI O GAÑADOR DO CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL

(Postal de Nadal deseñado por Rodrigo García, xogador alevín do club)

Esta tempada 20/21 o Club Baloncesto Seis do Nadal Coia organizou por décimo cuarto ano consecutivo a 14ª Edición do Concurso de Postais de Nadal dirixido aos xogador@s de categoría minibásquet dos equipos federados e das escolas.

A postal gañadora do 14º Concurso de Postais de Nadal foi a postal deseñada e presentada por Rodrigo García, xogador do equipo federado Alevín Masculino "B", adestrado e dirixido por Sergio González, Javier Román e Pablo Rabadán.

A postal gañadora do concurso realizada polo xogador Rodrigo García será a Postal de Nadal coa que o Club Baloncesto Seis do Nadal Coia felicitará as festas a presente tempada 20/21 a tódolos seus deportistas, técnicos, familiares, amigos, etc.

viernes, 18 de diciembre de 2020

XA SE COÑECEN AS CATRO POSTAIS FINALISTAS DO 14º CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL DESTA TEMPADA

(Postais finalistas do 14º Concurso de Postais de Nadal)

Esta tempada 20/21 o Club Baloncesto Seis do Nadal Coia organizou por décimo cuarto ano consecutivo a 14ª Edición do Concurso de Postais de Nadal dirixido a tódolos xogadores e xogadoras de minibásquet dos equipos federados da entidade.

A postal gañadora do concurso será a Postal de Nadal coa que o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia felicitará as festas nesta tempada a tódolos seus deportistas, técnicos, familiares, amigos, colaboradores, patrocinadores, etc.

O concurso tivo, novamente, unha gran acollida e resposta por parte dos xogadores e xogadoras das categorías benxamín e alevín, realizando e debuxando preto de 50 postais de Nadal cunha gran calidade e orixinalidade.

(O xurado do Concurso de Postais de Nadal coas catro finalistas)

Despois de seleccionar as catro postais finalistas, publicadas nesta mesma noticia, entre as preto de 50 postais que foron recibidas nesta nova edición; o xurado, formado pola Dirección Deportiva do noso club, membros da Xunta Directiva e Nuria Tombo, responsable de PapelYa!, decidiu a postal gañadora do 14º Concurso de Postais de Nadal que se fará público o próximo domingo 20 de decembro do 2020 no descanso do partido Sénior Masculino de 1ª División.