lunes, 11 de diciembre de 2023

DESPEDIMOS O PRESENTE ANO 2023 CO TORNEO DE NADAL 3X3 "CIDADE DE VIGO"

No Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia despediremos o ano 2023 xogando ao baloncesto 3x3 no Torneo de Nadal 3x3 "Cidade de Vigo"..

O Torneo de Nadal de Baloncesto 3x3 "Cidad de Vigo" terá lugar o próximo sábado 30 de decembro do 2023 nas pistas do pavillón de Navia. Pola mañá de 10:00 a 14:00 horas será o turno da categoría minibásquet e da cateoría infantil e cadete de primeiro ano. Xa de tarde de 16:00 a 20:00 horas será a quenda da categoría cadete de segundo ano e júnior e da categoría sénior.

Tamén haberá a posibilidade de participar de xeito paralelo nun Torneo 3x3 de baloncesto en cadeira de rodas grazas á colaboración do Iberconsa Amfiv. Nesta modalidade haberá dúas cateogrías: infantil e cadete de primeiro ano pola máñá e cadete de segundo ano, júnior e sénior pola tarde.

A inscrición será de balde e haberá que enviar a folla de inscrición ao seguinte correo electrónico areadeportiva@seisdonadalcoia.com antes do día 22 de decembro do 2023. Os equipos deberán estar formados por mínimo 4 xogador@s e máximo 5 xogador@s.