viernes, 24 de noviembre de 2023

XA ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA O CAMPUS DE INVERNO 2023

Despois do éxito do Campus de Verán 2023 o Club Baloncesto Seis do Nadal xa ten preparada unha nova actividade: o Campus de Inverno 2023..

Durante os días 26, 27, 28 e 29 de decembro do 2023 celebrarase nas instalacións do Colexio Seis do Nadal o Campus de Inverno 2023 organizadas polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia dirixido a nenos e nenas de entre 6 e 17 anos..

Este campus ofrecerá unha formación deportiva específica que esta edición contará con contidos de inicicación e tamén de tecnificación que correrá a cargo de técnicos que contan cunha contrastada experiencia. As sesións estarán centradas na mecánica de tiro, na técnica individual, na táctica individual, na toma de decisións e na preparación física..

As xornadas se desenvolverán nas pistas do Colexio Seis do Nadal entre as 10:30 e as 13:30 horas. Non deixes escapar a oportunidade de pasar as vacacións de Nadal connosco e lembralas como unha das túas mellores na nosa compaña. 

Poderán inscribirse neste Campus de Inverno os deportistas dos equipos federados e de todas as escolas deportivas do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia e tamén se poderán anotar os e as deportistas do baloncesto vigués e galego que así o desexen, desde categoría benxamín (nados no ano 2017) e ata júnior (nados no ano 2006). 

O prezo deste campus é de 95 euros por inscrición. Para os deportistas do club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, do deporte federado e das escolas deportivas, e os seus irmáns ou irmás, o prezo será de 75 euros. 

As prazas dispoñibles para o Campus de Inverno 2023 son limitadas e éstas se farán efectivas por rigorosa orde de inscrición (tendo validez a data que figure en cada un dos comprobantes de pago). Para formalizar a inscrición no Campus de Inverno 2023 haberá que enviar o comprobante de pago e a folla de inscrición ao seguinte correo electrónico areadeportiva@seisdonadalcoia.com antes do 22 de decemrbo do 2023.