lunes, 24 de julio de 2023

MOITAS GRAZAS AO COLEXIO SEIS DO NADAL POLO SEU APOIO AO NOSO CAMPUS DE VERÁN

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia quere agradecer á dirección e a tódala comunidade educativa do Colexio Seis do Nadal a cesión das súas instalacións para a organización do noso Campus de Verán 2023.

Máis de 250 xogadores e xogadoras e máis de 25 adestrador@s e monitor@s formaron parte das dúas quendas coas que contou esta nova edición do noso tradicional Campus de Verán.