miércoles, 21 de agosto de 2024

A XORNADA DE PORTAS ABERTAS DESTA NOVA TEMPADA SERÁ O VENRES 30 DE AGOSTO

A vindeira tempada 2024/2025 xoga no Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia. Apúntate e proba!

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organizará o próximo venres día 30 de agosto do 2024 unha xornada de portas abertas nas pistas do Colexio Seis do Nadal en Coia..

De 17:00 a 18:00 horas será a quenda das categorías baby e benxamín (xogador@s nad@s nos anos 2015, 2016, 2017 e 2018) e da categoría alevín (nad@s nos anos 2013 e 2014). A sesión de adestramentos das categorías infnatil (nad@s nos anos 2011 e 2012), cadete (nad@s nos anos 2009 e 2010) e júnior (nad@s nos anos 2007 e 2008) será de 18:30 a 19:30 horas.

Poderán inscribirse nesta xornada de portas abertas tódolos xogadores e xogadoras que desexen formar parte da familia do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia nesta nova tempada 2024/2025. Soamente terán que enviar os seus datos por whatsapp (627516980) ou ao correo electrónico areadeportiva@seisdonadalcoia.com.

Non o dubides e apúntante nesta xornada! Agardámosvos a todos e todas!