viernes, 18 de noviembre de 2022

VOLVE A TRADICINAL PRESENTACIÓN OFICIAL DO CLUB! SERÁ O XOVES DÍA 8 DE DECEMBRO DO 2022 EN NAVIA

Despois de dúas tempadas por fin podemos recuperar esta tempada 2022/2023 a tradicional Presentación Oficial do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.

Na presentación oficial o noso club presentará a tódolos seus equipos federados e a tódalas escolas deportivas, reunindo deste xeito a preto de 700 deportistas, aos que se lle suman os máis de 40 monitores e adestradores/as que conforman o corpo técnico da entidade.

A celebración da Presentación Oficial 2022/2023 terá lugar o próximo xoves día 8 de decembro do 2022 a partir das 12:00 h. no Pavillón Municipal de Navia, nun acto que seguirá o formato "express" das últimas ocasións.

No acto se presentarán aos 31 equipos federados, ao grupo de Baloncesto para Adultos, ás 10 escolas deportivas e ao corpo técnico do club que compoñen a estrutura deportiva da entidade, realizaranse as fotos de equipo oficiais da presente tempada e a foto de grupo que de seguro reflexará o continuo crecemento da nosa entidade ano tras ano.

Ademais presentarase oficialmente a tempada 2022/2023 do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia a tódolos medios de comunicación e a toda a familia do deporte da canastra e da cidade de Vigo nun acto que será presentado por Carlos Tresandí, presentador da Radio Galega.

Desde tódolas seccións do Seis do Nadal - Coia invitamos a tódolos integrantes do club, do presente e do pasado, a asistir a este acto e poder descubrir o elevado número de deportistas que forman parte da entidade, e ao mesmo tempo solicitamos a tódolos asistentes a súa colaboracion para a Recollida de Alimentos entregando na entrada da nosa instalación un quilo de alimentos para apoiar ao Banco de Alimentos de Vigo.

Agardámosvos a tod@s!