viernes, 18 de noviembre de 2022

O CLUB BALONCESTO SEIS DO NADAL - COIA MOI PRESENTE NO ACTO DE PRESENTACIÓN DA NOVA TEMPADA DE SIAREIROS

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia estivo moi presente na presentación da nova tempada do programa Siareiros da Fundación Vigo en Deporte (VIDE) que se celebrou o pasado luns día 14 de novembro do 2022 no novo pavillón municipal de Quirós.

Na imaxe, un grupo de xogadores/as, técnicos e membros da Xunta Directiva despeidno dito acto xunto a Abel Caballero, Alcalde de Vigo, e Manel Fernández, Concelleiro de Deportes.

Ademais durante o transcurso do acto o noso Director Deportivo, Sergio González, recibiu das mans do Alcalde de Vigo, unha medalla da cidade pola súa traxectoria, pola súa incidencia no deporte local e pola promoción do baloncesto base desde fai xa moitos anos.

Moitas feliciades Sergio en nome de toda a entidade e a seguir traballando polo baloncesto base moitos anos máis!