lunes, 22 de agosto de 2022

A XORNADA DE PORTAS ABERTAS DESTA NOVA TEMPADA 2022/2023 SERÁ O VENRES 26 DE AGOSTO DO 2022

A vindeira tempada 2022/2023 xoga no Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia. Apúntate e proba!

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organizará o próximo venres día 26 de agosto do 2022 unha xornada de portas abertas nas pistas do Colexio Seis do Nadal en Coia..

De 17:00 a 18:00 horas será a quenda das categorías benxamín (nad@s nos anos 2013, 2014 e 2015) e alevín (nad@s nos anos 2011 e 2012). A sesión de adestramentos das categorías infnatil (nad@s nos anos 2009 e 2010), cadete (nad@s nos anos 2007 e 2008) e júnior (nad@s nos anos 2005 e 2006) será de 18:30 a 19:30 horas.

Poderán inscribirse nesta xornada de portas abertas tódolos xogadores e xogadoras que desexen formar parte da familia do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia nesta nova tempada 2022/2023. Soamente terán que enviar os seus datos por whatsapp (627516980) ou ao correo electrónico areadeportiva@seisdonadalcoia.com.

Non o dubides e apúntante nesta xornada! Agardámosvos a todos e todas!