sábado, 18 de junio de 2016

TI PODES ANOTAR A PRIMEIRA CANASTRA DO CLUB BALONCESTO SEIS DO NADAL - COIA NA LIGA EBA!

(Pulsa na imaxe para entrar na campaña crowdfunding e colabora!)

..

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia lanza unha nova iniciativa dentro da campaña "Xoga con nós na Liga EBA!" no camiño para conseguir os apoios necesarios para poder competir na Liga EBA a próxima campaña despois do segundo ascenso conseguido nas últimas tres tempadas.

.

O club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia publica unha campaña "crowdfunding" na que se pretende conseguir un último empurrón para conseguir formalizar o ascenso, un feito que sería histórico para a entidade e que axudaría ao propio club a crecer en calidade, a darlle solidez a súa estrutura e a seguir mellorando o traballo en todas as súas categorías de formación.

.

Nesta nova campaña "crowdfunding" que creou o Seis do Nadal, á cal se pode acceder pulsando na imaxe desta noticia ou pulsando AQUÍ, se poderán facer aportacións económicas a cambio dunha serie de recompensas coas que a entidade pretende agradecer todas as posibles colaboracións.

 

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia precisa deste último apoio para poder ter na próxima tempada 2016/2017 ao seu equipo Sénior Masculina na Liga EBA e dar un paso adiante como entidade deportiva.

 

COLABORA CO SEIS DO NADAL

PULSANDO AQUÍ

 

#6DNenEBA