martes, 21 de junio de 2016

O SUB22 FEMININO DO CLUB REMATOU A SÚA PARTICIPACIÓN NO CIRCUITO SUB22 DESTA TEMPADA

(O equipo Sub22 Feminino do club na última concentración)

..

Rematou a pasada fin de semana dos días 18 e 19 de xuño o Circuito Sub22 2016 de categoría feminina organizada pola Federación Galega de Baloncesto na que participou o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.

..

Neste tempada 2015/2016 o Circuito Sub22 Feminino contou con tres concentracións e con oito equipos participantes: Seis do Nadal - Coia, Pío XII Rosalía (Santiago Compostela), Porriño Baloncesto Base, Durán Maquinaria Ensino (Lugo), Codigalco Carmelitas (Ourense), R.C. Celta (Vigo), Arxil Mafari Café (Pontevedra) e La Cibertienda CLB (Vilagarcía de Arousa)

..

Os resultados das tres concentracións nas que participou o noso combinado foron os seguintes:

..

Domingo 29 de maio do 2016 (1ª xornada) - Vigo

 

(Semifinal) R.C. Celta 87 - Seis do Nadal Coia 55

(3º/4º posto) Seis do Nadal Coia 69 - Arxil Mafari Cafe 46

 

Domingo 4 de xuño do 2016 (2ª xornada) - Lugo

 

(Semifinal) Seis do Nadal Coia 53 - La Cibertienda CLB 60

(3º/4º posto) Pío XII Rosalía 53 - Seis do Nadal Coia 49

..

Domingo 19 de xuño do 2016 (3ª xornada) - Pontevedra

 

(Semifinal) Porriño Bto. 35  - Seis do Nadal Coia 56

(Final) Seis do Nadal Coia 61 - Pío XII Rosalía 58