martes, 21 de junio de 2016

CEA-CONVIVENCIA DE FINAL DE TEMPADA 2015/2016 DO CLUB BALONCESTO SEIS DO NADAL - COIA

.

Estimados pais e nais dos xogadores/as:

.

Unha tempada máis o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia vai a organizar unha cea-convivencia co principal obxectivo de despedir oficialmente a tempada 2015/16. Dita celebración terá lugar o venres día 1 de xullo do 2016 a partir das 22:00 horas no Hotel Coia.

.

O menú elixido para a cea-convivencia, coa que se pretende crear unha gran xornada de xuntanza de tódolos integrantes da entidade, é o seguinte:

.

MENÚ ADULTO

- Aperitivos Variados: empanada de zamburiñas, melón con xamón, canapés artesáns e luras á romana

- Entrecot á prancha con gornición de legumes e champiñóns ou rodaballo á prancha con patacas ao vapor

- Bebida, postre, café e licores

 

MENÚ INFANTIL

- Aperitivos Variados: tacos de tortilla española, variedade de friames e xamón, croquetas

- Peituga de polo con patacas fritas

- Xeados de chocolate

- Bebida

 .

Para apuntarse á cea-convivencia pódese pasar polas oficinas do Colexio Seis do Nadal (Coia) nas seguintes datas:

 .

LUNS 20 E 27 DE XUÑO: De 19:00 a 21:00 horas

MARTES 14, 21 E 28 DE XUÑO: De 19:00 a 21:00 horas

MÉRCORES 15, 22 E 29 DE XUÑO: De 18:00 a 20:00 horas

XOVES 16 E 23 DE XUÑO: De 19:00 a 21:00 horas

VENRES 17 DE XUÑO: De 19:00 a 21:00 horas

.

O club Club Baloncesto Seis do  Nadal - Coia convídavos e anímavos a todos/as a participar nesta cea-convivencia coa que se pretende despedir a tempada 2015/2016 que xa está tocando o seu fin.

.

Xunta Directiva e Dirección Deportiva

do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia