viernes, 17 de junio de 2016

XA PODES INSCRIBIRTE NO 16º CAMPUS DE VERÁN 2016 "XORNADAS DE TECNIFICACIÓN"

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organizará nestas presentes vacacións de verán a 16ª Edición do Campus de Verán 2016 "Xornadas de Tecnificación". Despois dos éxitos das pasadas edicións do campus a entidade volverá a celebrar as xornadas de perfeccionamento técnico.

.

O obxectivo destas xornadas é reforzar o traballo de técnica individual dos deportistas do Club Baloncesto Seis do Nadal e do baloncesto vigués e galego, fundamentalmente nas idades óptimas para a formación, así como o de ofrecer un programa de actividades paralelas á tecnificación..

 

A Décimo Sexta Edición do noso Campus de Verán 2016 celebrarase nas instalacións do Colexio Seis do Nadal (Coia) e será unha semana (único turno) desde o luns 11 de xullo ata o sábado 16 de xullo con horario de 10:00 a 13:30 horas, e coa opción de inscribirse á hora matinal de 9:00 a 10:00 horas.

 

Poderán inscribirse neste Campus de Verán os deportistas dos equipos federados e de todas as escolas deportivas do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia e tamén se poderán anotar os deportistas do baloncesto vigués e galego que así o desexen, desde categoría benxamín (nados no ano 2009) ata júnior (nados no ano 1998).

 

O prezo deste campus é de 60 euros por inscrición. Para os deportistas do club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, do deporte federado e das escolas deportivas, e os seus irmáns ou irmás, o prezo será de 50 euros. Haberá un suplemento de 10 euros para os inscritos na hora matinal.

 

As prazas dispoñibles para as Xornadas de Tecnificación 2016 son limitadas e se farán efectivas por rigorosa orde de inscrición (sendo válida a data que figure no ingreso). Para formalizar a inscrición é preciso enviar o comprobante de pago (co nome completo do deportista e o club ao que pertence) e a folla de inscrición, antes do xoves día 7 de xullo ao mail areadeportiva@seisdonadalcoia.com ou ao fax 986227275.