jueves, 1 de agosto de 2013

SERGIO GONZÁLEZ, ÓSCAR GARCÍA E BORJA MARTÍNEZ DIRIXIRÁN AO INFANTIL MASCULINO "A" DO CLUB

.

A próxima tempada 2013/14 o equipo Infantil Masculino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia será adestrado por Sergio González, Óscar García e Borja Martínez. Dito grupo estará composto por xogadores nados no ano 2000 e competirá na Liga Primeira División Infantil Masculina da Federación Galega de Baloncesto.

.

Sergio González compartirá este tempada a dirección dos equipos Infantil Masculino "A" e Sénior Masculino "A", nunha campaña na que cumprirá o seu décimo primeiro curso no corpo técnico do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.

.

Óscar García, xogador do Sénior Masculino "A", formará parte do corpo técnico do Infantil Masculino "A" como adestrador axudante no que será a súa terceira tempada como membro do grupo de adestradores do Club Baloncesto Seis do Nadal.

.

Para completar o corpo técnico do equipo, e ao igual que na pasada tempada, Borja Martínez será adestrador axudante do Infantil Masculino "A" na que será a súa xa quinta campaña como técnico da entidade desde a súa incorporación no curso 2009/2010.

.

Inicio adestramentos de pretempada

.

O equipo Infantil Masculino "A" comezará os adestramentos de pretempada o luns día 12 de agosto ás 19:00 horas no Colexio Seis do Nadal.