(Adestradores e xogadores do Cadete Masculino "A" da tempada 2012/13)
.
CADETE MASCULINO "A"
.
8º CLASIFICADO LIGA 1ª DIVISIÓN
.
O equipo Cadete Masculino "A", Seis do Nadal - Coia, do Club Baloncesto Seis do Nadal, adestrado por Borja Martínez, Daniel Rodríguez e David Rodríguez, finalizou no oitavo posto a Liga 1ª División Cadete Masculina 2012/2013 organizada pola Federación Galega de Baloncesto.
.
O combinada Seis do Nadal - Coia rematou na oitava posición da Liga 1ª División Cadete Masculina despois de vinte e dúas xornadas cun balance final de nove vitorias e trece derrotas. A clasificación final da competición foi a seguinte:
.
A oitava posición conseguida esta campaña na Liga 1ª División Cadete Masculina asegura a praza en dita competición para a próxima tempada 2013/14, tendo descendido ao Campionato Cadete de 2ª División os catro últimos clasificados da táboa.


