(O Cadete Feminino competiu na Liga 1ª División Cadete Feminina)
.
CADETE FEMININO
.
8º CLASIFICADO LIGA 1ª DIVISIÓN
.
O conxunto Cadete Feminino, Seis do Nadal - Coia, do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia, dirixido por Jorge Martínez, Breixo Solla, Ignacio Sánchez e Sara Fernández, finalizou na oitava posición a Liga Primeira División de categoría Cadete Feminina organizada pola Federación Galega de Baloncesto.
.
O Seis do Nadal - Coia rematou na oitava posición da Liga Primeira División Cadete Feminina despois de vinte e dúas xornadas cun balance final de nove vitorias e trece derrotas. A clasificación final da competición foi a seguinte:
.
A oitava posición conseguida esta campaña na Liga 1ª División Cadete Feminina asegura a praza en dita competición para a próxima tempada 2013/2014, tendo descendido ao Campionato Infantil de 2ª División os catro últimos clasificados da táboa.
(Xogadoras do Cadete Feminino celebrando a permanencia na divisióin)



