(O Benxamín Masculino "B" xunto ao equipo do Col. Amor de Dios)
O pasado venres 10 de maio do 2013 o equipo Benxamín Masculino "B" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado por Silvia Caíño e Sabela Astray, participou nun partido amigable xunto ao Colexio Amor de Dios.
.
Dito encontro estivo enmarcado no programa das Festas do Colexio Amor de Dios do presente curso escolar 2012/2013 no que o Club Baloncesto Seis do Nadal foi o equipo convidado.
.
(Os xogadores do Benxamín Masculino "B" despois do encontro)


