jueves, 23 de mayo de 2013

O C.BC. SEIS DO NADAL PARTICIPOU NO VI TORNEO BENXAMÍN BÁSQUET NA RÚA 2013 DE O PORRIÑO

.

(Os dous equipos Benxamíns Masculinos do club na entrega de premios)

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia participou un ano máis no VI Torneo Benxamín Básquet na Rúa organizado polo Porriño Baloncesto Base e que tivo lugar o pasado día venres 17 de maio do 2013, Día das Letras Galegas.

.

Os conxuntos do club que participaron no VI Torneo Benxamín Básquet na Rúa foron o Benxamín Masculino "A", Seis do Nadal Masculino "A", adestrado e dirixido por Andrés Álvarez; e o equipo Benxamín Masc. "B", Seis do Nadal Masculino "B", dirixido por Silvia Caíño e Sabela Astray.

.

Ademais dos equipos do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia, tamén participaron os equpios masculino e feminino do Porriño BB, os conxuntos masculino e feminino do Salesianos Vigo, Carmelitas Masculino, Airexa Feminino, Acacias Feminino, CB Pontoumio e un equipo da Liga Escolar PBB.

.

O calendario e os horarios de xogo deste torneo, que tivo lugar na Pavillón Municipal de O Porriño foron os seguintes:

.