miércoles, 16 de mayo de 2012

OS EQUIPOS BENXAMÍNS DO CLUB NO V TORNEO BENXAMÍN BÁSKET NA RÚA 2012 DO PORRIÑO BTO. BASE

.

 .

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia participará unha tempada máis no V Torneo Benxamín Básket na Rúa que organizará o Porriño Baloncesto Base o próximo xoves día 17 de maio do 2012, Día das Letras Galegas, na Praza do Concello e na Praza do Cristo (O Porriño).

.

Participarán un total de 12 equipos benxamíns masculinos, femininos e mixtos, entres os que se atoparán os conxuntos benxamíns do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia: o grupo Benxamín Masculino "A", Decomar Seis do Nadal, adestrado por David Rodríguez; e o Benxamín Feminino, Seis do Nadal Feminino, dirixido por Leticia Estévez.

.

Os doce equipos participantes dividiranse en catro grupos de tres equipos que xogarán durante a mañá en formato de liga a unha volta. Ao remate da terceira xornada da mañá cada grupo terá un equipo clasificado en primeira, segunda e terceira posición respectivamente que determinara os cruces.

 

O calendario e horarios de partidos do V Torneo Benxamín Básket na Rúa son os seguintes:

.