martes, 15 de mayo de 2012

O CADETE FEMININO "A" DO CLUB, SUBCAMPIÓN GALEGO, CLASIFICADO PARA O CAMPIONATO DE ESPAÑA

(Xogadoras do Seis do Nadal unha vez proclamadas subcampioas galegas)

.

CADETE FEMININO "A"

.

SUBCAMPIOAS GALEGAS

.

O equipo Cadete Feminino "A", Seis do Nadal - Coia, do club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado por Jorge Martínez, Pablo Sánchez e Ignacio Sánchez, proclamouse subcampión da Liga 1ª División Cadete Feminina organizada pola Federación Galega de Baloncesto a presente tempada 2011/12 e conseguiu a clasificación para o XIV Campionato de España Cadete Feminino.

.

Despois de dezaoito partidos disputados da Liga Autonómica 1ª División Cadete Feminina e cun balance de quince vitorias e tres derrotas o combinado Cadete Feminino "A" proclamouse subcampión galego e disputará do 27 de maio ao 2 de xuño o Campionato de España Cadete Feminino nas localidades de Monzón e Barbastro en Zaragoza.

.

A clasificación final da Liga 1ª División Cadete Feminina da Federación Galega de Baloncesto da presente tempada 11/12 foi a seguinte:

.

 

O sorteo dos grupos e dos calendarios do XIV Campionato de España de Clubs Cadete Feminino 2012 terá lugar o próximo mércores día 16 de maio do 2012 ás 11:00 horas nos locais da Federación Española de Baloncesto, sorteo do que se vai a informar a través desta páxina web.

 

Será a primeira vez na historia do club que un equipo feminino da entidade participe nun Campionato de España de clubs, e a segunda vez nos vintenove anos de historia que se participe nun Campionato de España.

 

O combinado Cadete Feminion "A" da nosa entidade xa pode presumir de ser un dos 32 mellores conxuntos de categoría cadete feminina da xeografía nacional da presente tempada.

 

Máis fotos da celelebración do subcampionato galego

 

 

(Imaxes da celebración xunto aos técnicos e xogaodres/as da entidade)