miércoles, 16 de mayo de 2012

O CADETE MASCULINO "B" DO SEIS DO NADAL PARTICIPARÁ NO TORNEO BALONCESTO VEGADEO (ASTURIAS)

.

.

O equipo Cadete Masculino "B", Seis do Nadal Celso Emilio Ferreiro, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, dirixido e adestrado por Breixo Solla e Andrés Álvarez, participará no Torneo Baloncesto Vegadeo organizado pola club asturiano Club Baloncesto Vegadeo.

.

Os equipos que participarán no torneo xunto ao Seis do Nadal Celso Emilio Ferreiro son o galego Club Baloncesto Celtas (Foz) e os equipos asturianos do IES Sánches Lastra (Mieres) e do IES Elisa Y Luis Villamil (Vegadeo).

.

O Torneo Baloncesto Vegadeo 2012 de categoría cadete masculina terá lugar no Pavillón Municipal de Vegadeo a próxima fin de semana do sábado 19 e domingo 20 de maio do 2012.