jueves, 15 de septiembre de 2011

OS EQUIPOS JÚNIOR MASCULINOS XA COÑECEN O CALENDARIO DA LIGA 2ª DIVISIÓN JÚNIOR MASCULINA 2011/12

.

Os dous combinados de categoría júnior masculina do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia xa coñecen o calendario de xogo da Liga 2ª División Júnior Masculina 2011/2012 da Federación Galega de Baloncesto.

.

Os calendarios de xogo dos seis grupos desta Liga 2ª División Júnior Masculina que comezará a próxima fin de semana dos días 17 e 18 de setembro están xa dispoñibles na páxina web da Federación Galega de Baloncesto (www.fegaba.com).

.

Un total de 58 combinados participarán na Liga 2ª División Júnior Masculina 2011/12 que se repartirán en seis grupos por proximidade xeográfica. Os conxuntos Seis do Nadal "A", adestrado e dirixido por Sergio González e Breixo Solla; e Seis do Nadal "B", dirixido por Sergio Costela; estarán encadrados no Grupo E da competición xunto a:

.

SEIS DO NADAL "A"

SEIS DO NADAL "B"

AIREXA NIGRÁN

APÓSTOL

SALESIANOS

C.B. BAIONA

C.B. TUI SETA

CANTEIRAS "B"

MARISTAS "B".

.

A primeira xornada do Grupo E da Liga 2ª División Júnior Masculina terá lugar a fin de semana do 17 e 18 de setembro. O Seis do Nadal "A" xogará ante o C.B. Baiona no Pavillón Municipal de Baiona o domingo 18 ás 12:00 horas, mentres que o conxunto Seis do Nadal "B" comezará con xornada de descanso. Pódese acceder ao calendario do Grupo E da Liga 2ª División Júnior Masculina pulsando aquí.