viernes, 16 de septiembre de 2011

OS EQUIPOS ALEVÍNS "A" DO CLUB PARTICIPARÁN NO II TORNEO ALEVÍN BÁSQUET NA RÚA DO PORRIÑO B.B.

.

O club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia participará no II Torneo Alevín "Básket na Rúa" organizado polo Porriño Baloncesto Base o próximo sábado día 17 de setembro do 2011. O II Torneo Alevín "Básket na Rúa" está incluído no programa deportivo do Concello do Porriño para as Festas do Cristo 2011 e está inspirado nas anteriores edicións do Torneo Benxamín "Básket na Rúa" e na primeira edición de categoría alevín celebrada a pasada tempada,.

.

Os equipos do club que participarán no torneo son o Alevín Masculino "A", adestrado por Alicia Álvarez e Borja Martínez; e o grupo Alevín Feminino "A", que xogará o torneo dirixido por Carlos Rodríguez .

-.

A Praza do Concello e a Praza do Cristo da vila porriñesa serán o escenario, a partir das 10:00 horas, desta segunda edición do Torneo Alevín do Porriño Baloncesto Base no que participarán 12 equipos de categoría alevín divididos en grupos de tres conxuntos.

-.

O equipo Alevín Masculino "A" xogará no Grupo B xunto ao Canteiras Masculino "B" e o Maristas Masculino. O conxunto feminino de segundo ano, Alevín Feminino "A", competirá no Grupo D xunto a Canteiras Feminino "B" e Baiona Feminino.

-.

O calendario de xogo e horarios do II Torneo Alevín "Básket na Rúa" organizado polo Porriño Baloncesto Base é o seguinte:

-.