jueves, 15 de septiembre de 2011

O SÉNIOR MASCULINO "B" DO CLUB XA COÑECE O CALENDARIO DA LIGA 3ª DIVISIÓN SÉNIOR MASCULINA 11/12

.

Despois do sorteo do calendario celebrado a pasada tarde do mércores 14 de setembro, xa está dispoñible os calendarios da Liga 3ª División Sénior Masculina 11/12 da Federación Galega de Baloncesto.

.

Os calendarios de xogo dos seis grupos desta Liga 3ª División Sénior Masculina que comezará a próximo fin de semana dos días 15 e 16 de outubro están xa dispoñibles na páxina web da Federación Galega de Baloncesto (www.fegaba.com).

.

Un total de 58 combinados participarán na Liga 3ª División Sénior Masculina 2011/12 que se repartirán en seis grupos por proximidade xeográfica. O noso conxunto, capitaneado por Carlos Rodríguez, adestrador que se incorporou á entidade na presente tempada 2011/12, quedará encadrado no Grupo E da competición xunto a:

.

SEIS DO NADAL - COIA

ATMÓSFERA SPORT - SETENTAS

U.R.E.C.A.

PORRIÑO BALONCESTO BASE CANTEIRAS

C.B. ARCADE

C.B. MOS - LA PECERA - BLUSS

C.B. TUI

GRUPO OH VIGO

C.B. ELECTROSHIPS GALICIA

VIGO A.M.

.

A primeira xornada do Grupo E da Liga 3ª División Sénior Masculina terá lugar a fin de semana do 15 e 16 de outubro e o noso conxunto recibirá ao C.B. Mos-La Pecera-Bluss. Xa está dispoñible o calendario compelto do Grupo E pulsando aquí.