Miguel
Ángel Simón dirixirá a próxima tempada 2008/09 ao Infantil Masculino "B"
do
Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia. Simón, adestrador con titulación nacional
e con experiencia como técnico de baloncesto en tódalas categorías, adestrou por primeira vez
no noso club a tempada pasada despois de ser Director Técnico na campaña
2006/07.
Na pasada tempada 2007/08 adestrou e dirixiu ao Júnior Masculino "A", formado integramente por xogadores nados no ano 1990, equipo co cal conseguiu o terceiro posto da Liga D.V.B. Júnior Masculina despois dun intenso e esixente traballo ao longo de todo o ano.
A próxima tempada Simón adestrará ao Infantil Masculino "B", equipo composto na súa totalidade por xogadores nados no ano 1996 que xogarán por primeiro ano na categoría infantil. O obxetivo deste grupo consiste na plena e correcta adaptación dos xogadores á categoría e na mellora grupal e individual nas habilidades e fundamentos técnico-tácticos do baloncesto.