miércoles, 30 de julio de 2008

A FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE BALONCESTO CUMPRE 85 ANOS

Este xoves día 31 de xullo do 2008 cúmprense 85 anos da fundación da Federación Española de Baloncesto, unha das entidades con máis historia do baloncesto europeo e mundial. Ao longo destes 85 anos de vida, a FEB tivo dez presidentes e as seleccións nacionais, nas súas distintas categorías tanto masculinas como femininas, conquistaron un total de 69 medallas, das cales 18 son de ouro, 38 delas nos últimos dez anos.

 

A Federación Española de Baloncesto naceu o 31 de xullo de 1923, fundada por Fidel Bricall, o propietario e director dun ximnasio na rúa Canuda de Barcelona, que foi a primeira sede do organismo. Bricall foi nomeado presidente da primeira xunta directiva, formada por outros catro membros. O compromiso do primeiro presidente co novo deporte foi tal, que incluso chegou a fundar e organizar un equipo propio, o Atlético Bricall, que participou nos primeiros campionatos oficiais da época.

 

85 anos despois da súa fundación, a FEB está en camiño de consolidarse como "a maior empresa de servizos do baloncesto español", tal e como se marcou como obxectivo, catro anos atrás, o seu actual presidente, José Luis Sáez.

 

Na actualidade, a FEB move, de forma directa ou a través das Federacións Autonómicas: 365.489 licencias, 30.076 equipos, 9.593 árbitros, 22.071 adestradores, 23 competicións e 18 seleccións nacionais.

 

Para o exercicio do ano 2008, a Asemblea da Federación Española de Baloncesto, celebrado o pasado día 14 de xuño aprobou un presuposto de 18,7 millóns de euros, o máis elevado da historia da entidade, aparte do exercicio 2007, no que se sumou o presuposto específico da organización do Eurobasket.

 

Ademais da súa responsabilidade na organización xeral do baloncesto en España, a FEB entregouse en proxectos de gran implicación social que a través da súa Fundación Sociocultural Baloncesto recibiron eloxios xeneralizados, e este ano 2008 púxose en marcha un novo e ambicioso programa de promoción e captación de practicantes, o Tribasket, onde a fase final celebrada no mes de xullo en Madrid reuniu a máis de 1.200 rapaces e rapazas de toda España.

 

Despois de 85 anos de andanza da Federación Española de Baloncesto e importante resaltar que ten 9 anos máis ca FIBA, 26 anos máis ca NBA, 34 anos máis ca Copa de Europa e 60 anos máis ca ACB.