domingo, 27 de julio de 2008

CARLOS RODRÍGUEZ ADESTARARÁ AO ALEVÍN MASCULINO "B"

Carlos Rodríguez dirixirá a próxima tempada 2008/09 ao Alevín Masculino "B" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia. Comezou a adestrar no noso club na tempada 2005/06 e ano tamén desenvolverá funcións de Coordinación Deportiva no ámbito de Torneos e Eventos, e colaborará coa Dirección Deportiva.

A campaña pasada adestrou ao Benxamín Masculino facendo unha gran labor e un bo traballo conseguindo unha correcta formación nas habilidades e nos fundamentos técnicos básicos do baloncesto en cada un dos xogadores do grupo. O resultado deste traballo foi o Subcampionato conseguido na Liga D.V.B. de categoría benxamín.

Para a próxima tempada 2008/09 Carlos continuará como adestrador dos xogadores nados no ano 1998 que xa adestraba a pasada tempada e que promocionan ao primeiro ano de categoría alevín.