domingo, 27 de julio de 2008

DAVID RODRÍGUEZ CONTINUARÁ NO CORPO TÉCNICO DO SEIS DO NADAL

David Rodríguez continuará a próxima tempada 2008/09 como adestrador do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia. Despois de dous anos como adestrador do noso club, neste terceiro ano adestrará xunto a Carlos Rodríguez ao Alevín Masculino "B", equipo formado por rapaces que xogarán por primeiro ano en categoría alevín.

A pasada tempada 2007/08 David foi o adestrador axudante do equipo Benxamín Masculino que tras un gran ano de traballo constante e de aprendizaxe continuo das habilidades básicas do baloncesto e dos seus fundamentos técnicos conseguiu proclamarse Subcampión da Liga D.V.B. de categoría benxamín.

Para a próxima tempada 2008/09 este adestrador, que durante a súa longa etapa como xogador pertenceu aos equipos base da nosa entidade, continuará como axudante dos xogadores nados no ano 1998 que promocionan ao primeiro ano de categoría alevín.