domingo, 27 de julio de 2008

BREIXO SOLLA ADESTRARÁ AO INFANTIL MASCULINO "C"

Breixo Solla será o encargado de dirixir ao Infantil Masculino "C" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia na próxima tempada 2008/09. Breixo Solla, adestrador do noso club desde a tempada 2005/06, cumprirá a súa cuarta tempada como técnico adestrando no ámbito federado e nas escolas deportivas coordinados polo nosa entidade.

A pasada tempada 2007/08 o equipo Infantil Masculino "C", adestrado por Breixo, conseguiu o obxetivo fundamental do grupo consistente en axudar aos xogadores das escolas deportivas a adaptarse ao baloncesto federado de xeito gradual e continuo, e a crear un grupo no que a mellora e o nivel de aprendizaxe fose acorde ao grupo de rapaces.

Nesta nova tempada 2008/09 o grupo Infantil Masculino "C", formado por xogadores nados nos anos 1995 e 1996, crease novamente coa finalidade de incorporar a un número importante de xogadores das escolas deportivas municipais do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia e para realizar un traballar moito máis concreto dirixido a paliar as necesidades técnicas e tácticas de cada xogador que conforme o equipo.