jueves, 31 de julio de 2008

EXPROMAR NOVO PATROCINADOR DO CLUB PARA A PRÓXIMA TEMPADA

A empesa "Expromar S.A. Congelados y Mariscos", con sede en Huelva e actividades de comercialización en Vigo e en Galicia, é un novo Patrocinador do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia para a próxima tempada 2008/09.

Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, agradecemos a confianza e o apoio depositado por parte desta empresa no noso proxecto, e estamos satisfeitos da relación entre ambas partes para a próxima campaña. Moitas grazas pola súa colaboración.