jueves, 31 de julio de 2008

ALBERT TOMAS DIRIXIRÁ AO CADETE MASCULINO "B" DO SEIS DO NADAL

Albert Tomas dirixirá e adestrará ao Cadete Masculino "B" do Club Balonecsto Seis do Nadal - Coia a próxima tempada 2008/09. Albert, adestrador que se incorporou ao corpo técnico da entidade a pasada tempada procedente de El Prat de Llobregat (Barcelona), cumprirá o seu segundo ano como técnico do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.

 

A pasada campaña 2007/08 Albert Tomas desenvolveu as funcións de adestrador axudante no Infantil Masculino "C" e no Cadete Masculino "B". En ambos equipos conseguiu, xunto ao adestrador principal, un alto nivel de traballo e compromiso por parte de tódolos integrantes de sendos grupos.

 

Para o próximo ano 2008/09, e despois do satisfactorio traballo realizado ao longo da tempada pasada, dirixirá e adestrará, coa axuda e o apoi de Pablo Picher, ao Cadete Masculino "B" formado principalmente por xogadores nados no ano 1994 e que xogarán por primeiro ano en categoría cadete.