(O equipo Cadete Masculino "A" disputará a Final da Fase de Ascenso)
..
O conxunto Cadete Masculino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, Clínca Dental Romeo Seis do Nadal, dirixido por Pablo Alonso e Álvaro Vidal, disputará a Final da Fase de Ascenso da Liga 2ª División Cadete Masculina da presente tempada 201772018 que está chengado ao seu final.
.
O noso conxunto, clasificado en primeira posición do Grupo Sur e cun balance de seis vitorias nos seis partidos que se disputaron, disputará a final da Fase de Ascenso ante o Club Baloncesto Artai (Carballo), primeiro clasificado do Grupo Norte co mesmo balance que os nosos.
.
O partido terá lugar o próximo sábado 9 de xuño do 2018 ás 18:00 horas no Pavillón Fontiñas (Santiago de Compostela).
.
Desde tódolos estamentos do club desexámoslle moita sorte ao equipo Clínica Dental Romeo Seis do Nadal que buscará o Ascenso á Primeira División Cadete Masculina da próxima tempada 2018/2019.