O EQUIPO DE ADULTOS DO SEIS DO NADAL DESPEDIU A TEMPADA 2017/2018 CUN PARTIDO AMIGABLE

.

.

(O equipo de Adultos do club e o CB Vicus despois do partido)

.

Nesta recta final da tempada 2017/2018 o equipo de adultos do club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia despediu a presente campaña disputando un partido amigable na pista do Colexio Seis do Nadal ante o CB Vicus.

.

Na entrega de premios posterior á disputa do partido amigable de final de tempada estiveron presentes Concepción Martins e Francisca García, presidenta e secretaria do Seis do Nadal Coia, quenes entregaron as medallas aos integrantes dos dous equipos participantes.

.

 

 

(Tódolos xogadores recibindo as súas medallas ao remato do partido)