O CADETE MASCULINO "C", PINTUNOVA SEIS DO NADAL, DISPUTARÁ A FINAL DA COPA PRIMAVERA

(O equipo Cadete Masculino "C" disputará a Final da Copa Primavera)

..

O conxunto Cadete Masculino "C" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, Pintunova Seis do Nadal, dirixido por Sergio González, Hugo López e Brais Álvarez, disputará a Final da Copa Primavera da presente tempada 2017/2018.

.

O noso conxunto, clasificado en primeira posición do Grupo "A" e cun balance de catro vitorias nos catro partidos que se disputaron, disputará a final da Copa Primavera ante o Baiona Torvigo, primeiro clasificado do Grupo "B".

.

O partido terá lugar o próximo domingo día 10 de xuño do 2018 ás 12:15 horas no Polideportivo de Navia (Vigo). Desde tódolos estamentos do noso club desexámoslle moita sorte ao combinado Pintunova Seis do Nadal que buscará alzarse co último título en xogo desta tempada 2017/2018.