O CADETE MASCULINO "A" DO CLUB, CAMPIÓN DA FASE, CONSEGUIU O ASCENSO A PRIMEIRA DIVISIÓN

(O Cadete Masculino "A" co trofeo de Campións da Fase de Ascenso)

..

CADETE MASCULINO "A"

TEMPADA 2017/2018

 

CAMPIÓN FASE DE ASCENSO

..

O conxunto Cadete Masculino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, Clínca Dental Romeo Seis do Nadal, dirixido por Pablo Alonso e Álvaro Vidal, proclamouse campión da Fase de Ascenso da Liga 2ª División Cadete Masculina da presente tempada, conseguindo con este título o ascenso a Primeira División para a próxima tempada 2018/2019.

..

(Xogadores e técnicos do Cadete Masculino "A" trala entrega de trofeos)

..

O noso conxunto, clasificado en primeira posición do Grupo Sur e cun balance de seis vitorias nos seis partidos que foron disputados, disputou a final da Fase de Ascenso ante o Club Baloncesto Artai (Carballo), primeiro clasificado do Grupo Norte co mesmo balance que os nosos.

..

O partido tivo lugar o pasado sábado 9 de xuño do 2018 ás 18:00 horas no Pavillón Fontiñas (Santiago de Compostela) e os nosos fixéronse coa vitoria cun resultado final de 59-65.