(Xogadores e adestradores do equipo Cadete Masculino "A" xunto a Óscar González, director xerente da Clínica Dental Romeo)
.
Os xogadores e adestradores do conxunto Cadete Masculino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia visitaron as instalacións da Clínica Dental Romeo, empresa colaboradora da entidade, despois de proclamarse campións da Segunda División e conseguir o ascenso a Primeira División.
Óscar González, director xerente da Clínica Dental Romeo, recibiu a tódolos integrantes do equipo cadete e mostroulles as instalacións da clínica despois de felicitarlles pola excelente tempada realizada e polos éxitos conseguidos recentemente.
(Os membros do Cadete Masculino "A" durante a visita á Clínica Dental Romeo)