O CADETE MASCULINO "C" DO CLUB CAMPIÓN DA COPA PRIMAVERA DA SEGUNDA DIVISIÓN 2017/2018

..

(O Cadete Masculino "C" co trofeo de campión da Copa Primavera)

..

CADETE MASCULINO "C"

TEMPADA 2017/2018

 

CAMPIÓN COPA PRIMAVERA

..

O Cadete Masculino "C" do Club Baloncesto Seis do Nadal Coia, Pintunova Seis do Nadal, adestrado por Sergio González e Hugo López, proclamouse campión da Copa Primavera da Liga 2ª División Cadete Masculina da presente tempada.

.

(O Cadete Masculino "C" do club xunto ao CB Baiona ao remate da final)

 

O noso equipo disputou a final da Copa Primavera tras rematar no primeiro posto do Grupo "A" cun balance de catro vitorias nos catro partidos disputados. Na final ante o Baiona Torvigo, primeiros clasificados do Grupo "B", o Pintunova Seis do Nadal conseguía proclamarse campión da competición vencende cun resultado final de 68-34 no pavillón de Navia.

.

(Xogador do equipo recollendo o trofeo de Campións da Copa Primavera)