lunes, 8 de enero de 2018

PINTUNOVA INCORPÓRASE NESTA TEMPADA 2017/2018 COMO PATROCINADOR DO SEIS DO NADAL

(Membros da Xunta Directiva do club xunto ao Director de Pintunova)

.

A empresa Pintunova e o Seis do Nadal - Coia pecharon un acordo de colaboración para o presente curso 2017/2018, no cal a empresa galega de pinturas convértese en patrocinador da entidade.

.

Membros da Xunta Directiva e da Dirección Deportiva do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, visitaron as instalacións da tenda de Pintunova en Vigo, situada na Avenida Fragoso 42-44, para pechar xunto a Alberto Gómez, Director Comerial de Pintunova, o acordo de colaboración para o presente curso.

.

Un dos puntos deste acordo da colaboración é que o equipo Cadete Masculino "C" do club, que compite actualmente na Liga 2ª División Cadete Masculina 2017/18, levará o nome de Pintunova Seis do Nadal para o que resta de tempada.

.

Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, agradecemos toda a confianza e todo o apoio depositado por parte desta empresa no noso proxecto, e estamos satisfeitos da relación establecida entre ambas partes para esta campaña. Moitas grazas pola súa colaboración!