(Os equipos Infantil Masculino "B" e Cadete Masculino "C" en Noia)
.
O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia participou o pasado xoves día 4 de xaneiro do 2018 no XIII Navibásket "Vila de Noia" organizado polo Club Baloncesto Noia no polideportivo Alonso Rodríguez e no pavillón Agustín Mourís.
.
.
(Os equipos do club recollendo os seus premios na clausura do torneo)
Do Seis do Nadal - Coia participaron no torneo os conxuntos Infantil Masculino "B", adestrado e dirixido por Antía Rivela, e o Cadete Masculino "C", Pintunova Seis do Nadal, dirixido por Sergio González e Hugo López. Xa na categoría infantil masculina tamén participaron os equipos do CB Noia e do CB Ribeira, e en categoría cadete masculina os equipos cadetes do CB Noia e CB Rianxo. Os nosos conxuntos proclamáronse campións do torneo tras impoñerse nos seus dos partidos da xornada.