O CLUB BALONCESTO SEIS DO NADAL PARTICIPOU NO XXIII TORNEO DE NADAL DO MARISTAS CORUÑA

.

.

(Os equipos do club que participaron no Torneo de Nadal do Maristas Coruña. De arriba a abaixo: Infantil Feminino "A", Cadete Feminino "A" e Júnior Feminino)

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia participou o pasado venres 29 de decembro do 2017 no XXIII Torneo de Nadal organizado polo Maristas Coruña nas categorías infantil feminina, cadete feminina e júnior feminina..

.

Do Seis do Nadal - Coia participaron no torneo os conxuntos Infantil Feminino "A", adestrado por Jorge Martínez e Aallí Mohamed; o Cadete Feminino "A", dirixido por Pablo Alonso e Aida González; e o conxunto Júnior Feminino, capitaneado por Francisco García.

 

Os nosos tres conxuntos participaron no campionato xunto aos combinados infantís, cadetes e júniors do Maristas Coruña, do Estudiantes Lugo e Bosco Ourense. O noso club disputou as tres finais, proclamándose campión en categoría infantil.

No hay comentarios: