lunes, 8 de enero de 2018

OS EQUIPOS ALEVÍNS "B" DO CLUB PARTICIPARON NO 2º MEMORIAL PACO FDEZ. VALDÉS EN PONTEVEDRA

(Os equipos Alevíns "B" despois da clausura do torneo en Pontevedra)

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia participou o pasado domingo día 7 de xaneiro do 2018 na Segunda Edición do Memorial Paco Fernández Valdés organizado no pavillón de A Xunqueira (Pontevedra) polo Estudiantes de Pontevedra..

.

(Tódolos participantes no 2º Memorial Paco Fernández Valdés)

 

Do Seis do Nadal - Coia participaron no torneo os conxuntos Alevín Masculino "B", adestrado por Sergio González e Brais Álvarez, e o Alevín Feminino "B" dirixido e capitaneado por Álvaro Rodríguez; xunto aos equipos alevíns do Estudiantes Pontevedra, Giraldo (Vilagarcía Arousa), Porriño Baloncesto Base, Marín Peixegalego e CAB Pontevedra.