ALBERT TOMAS SERÁ O NOVO ADESTRADOR DO SÉNIOR MASCULINO DE 1ª DIVISIÓN A PRÓXIMA TEMPADA

.

Albert Tomas será o novo técnico do Sénior Masculino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia que competirá na Liga Primeira División Sénior Masculina na próxima tempada 2017/2018. Cumprirá a súa undécima tempada no club desde a súa incorporación na pasada campaña 2007/2008.

..

Albert Tomas tomará o mando do Sénior Masculino "A" da entidade despois de formar parte do corpo técnico do equipo nas últimas tempadas, incluido o curso pasado no que o noso equipo competía, por primeira vez na historia do club, na Liga EBA. Contará no seu corpo técnico, como adestrador axudante do combinado, con Diego Montenegro.

.

A Dirección Deportiva do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia seguirá publicando os próximos días, a través da páxina web, o corpo técnico da nova tempada e dos equipos federados do club, así como as datas dos inicios da pretempadas.

No hay comentarios: