miércoles, 9 de agosto de 2017

ABRAHAM VIEIRA ADESTRARÁ AO INFANTIL FEMININO "B" DO CLUB A PRÓXIMA TEMPADA 2017/2018

.

Abraham Vieira continuará a próxima tempada 2017/2018 no grupo de técnicos do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia cumprindo a súa cuarta tempada na entidade despois da súa incorporación na pasada tempada 2014/2015.

.

Esta nova tempada 2017/2018 adestrará e dirixirá ao conxunto Infantil Feminino "B" que xogará na Liga 2ª División Infantil Feminina. Tamén será o adestrador axudante do grupo Alevín Masculino "A", equipo que participará na Liga 1ª División de Minibásquet Masculina.

.

A Dirección Deportiva do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia seguirá publicando os próximos días, a través da páxina web, o corpo técnico da nova tempada e dos equipos federados do club, así como as datas dos inicios da pretempadas.