AALÍ MOHAMED CONTINUARÁ NO CORPO TÉCNICO DO SEIS DO NADAL COIA A PRÓXIMA TEMPADA 2017/2018

.

Aalí Mohamed cumpriá a próxima tempada 2017/2018 a súa trixésimo quinta tempada formando parte do corpo técnico do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia e adestrará ao equipo Benxamín Masculino "A" ademais de ser o técnico axudante do Infantil Feminino "A" que competirá na Liga 1ª División.

..

Na súa primeira tempada Aalí Mohamed contribuiu a prantar o xerme inicial do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, unha das canteiras máis importantes da cidade de Vigo así como da comunidade galega. Nesta nova tempada deportiva 2017/18, e despois de trinta e catro tempadas na nosa entidade, adestará ao Benxamín Masculino "A" e continuará de axudante no Infantil Feminino "A", seguindo co traballo do pasado curso.

.

A Dirección Deportiva do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia seguirá publicando os próximos días, a través da páxina web, o corpo técnico da nova tempada e dos equipos federados do club, así como as datas dos inicios da pretempadas.

No hay comentarios: