sábado, 5 de agosto de 2017

SANDRA SOLANO DIRIXIRÁ A PRÓXIMA TEMPADA AO ALEVÍN FEMININO "A" E AO BENXAMÍN FEMININO

.

Sandra Solano continuará a próxima tempada 2017/2018 no cadro de técnicos do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia despois da súa incorporación ao noso club na pasada tempada 2008/2009 como adestradora axudante no deporte federado.

.

Esta nova tempada 2017/2018 adestrará e dirixirá aos equipos Alevín Feminino "A" e Benxamín Feminino, conxuntos que competirán na Liga 1ª División de Minibásquet e na Liga Zonal de Minibásquet respectivamente.

.

A Dirección Deportiva do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia seguirá publicando os próximos días, a través da páxina web, o corpo técnico da nova tempada e dos equipos federados do club, así como as datas dos inicios da pretempadas.