CARLOS RODRÍGUEZ INCORPÓRASE AO CORPO TÉCNICO DO CLUB E DIRIXIRÁ AO JÚNIOR MASCULINO "C"

.

Carlos Rodríguez incorpórase de novo ao corpo técnico do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia nesta nova tempada 2017/2018, despois de xa formar parte da nosa estructura nas pasadas campañas 2011/2012, 2014/2015 e 2015/2016.

.

Na próxima tempada 2017/2018, na que vai ser a súa cuarta tempada no club, adestrará ao equipo Júnior Masculino "C" que competirá na Liga 2ª División Júnior Masculina e estará formado por xogadores de categoría júnior de primeiro ano.

.

A Dirección Deportiva do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia seguirá publicando os próximos días, a través da páxina web, o corpo técnico da nova tempada e dos equipos federados do club, así como as datas dos inicios da pretempadas.

No hay comentarios: