martes, 23 de febrero de 2016

O SÉNIOR FEMININO 1ª AUTONÓMICA DO CLUB DISPUTARÁ A FASE DE ASCENSO Á 1ª DIVISIÓN FEMININA

(O Sénior Feminino "A" do club da presnte tempada 2015/2016)

..

O equipo Sénior Feminino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado e dirixido por Jorge Martínez, Carlos Rodríguez e Pablo Sánchez, disputará a Fase de Ascenso da Liga 1ª Autonómica Feminina 2015/16 despois de rematar no segundo posto do Grupo Sur da Fase Regular:

 

1º- UNIVERSITARIO CAMPUS OURENSE (Ourense)

2º- SEIS DO NADAL - COIA (Vigo)

3º- ARXIL MAFARI CAFÉ (Pontevedra)

4º- CODIGALCO CARMELITAS (Ourense)

5º- PORRIÑO BALONCESTO BASE (O Porriño)

6º- PABELLÓN OURENSE (Ourense)

.

Os tres primeiros clasificados do Grupo Sur no que estaba encadrado o Seis do Nadal - Coia e os tres primeiros equipos do Grupo Norte (Star Center Galicia de Ferrol, Peleteiro e Pío XII Rosalía, ambos de Santiago de Compostela), disputarán a Segunda Fase desta competición, a Fase de Ascenso á 1ª División 2016/2017.

 

O primeiro partido do noso combinado nesta segunda fase terá lugar o próximo sábado día 27 de febreiro do 2016 ás 20:00 horas no pavillón de Navia ante o Peleteiro de Santiago de Compostela, primeiro clasificado do Grupo Norte.

 

Contamos con todo o voso apoio e ánimos para arrincar da mellor forma posible esta nova fase!