martes, 23 de febrero de 2016

CINCO DEPORTISTAS DO CLUB PRESENTES NA IV XORNADA DA HARMONIZACIÓN DO MINI GALEGO

..

O pasado domingo día 21 de febreiro do 2016 a Federación Galega de Baloncesto organizou no Colexio Manuel Peleteiro de Santiago Compostela a IV Xornada de Harmonización do Minibásquet Galego.

 

Nesta xornada co minibásquet como máximo protagonista, o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia estivo representado por cinco deportistas que foron chamados baixo unha convocatoria previa e pechada para integrar os diferentes Centros de Tecnificación.

 

En categoría benxamín foron convocados Xaido Nimo, xogador do Benxamín Masculino, e Julia Alves, xogadora do Benxamín Feminino. En categoría alevín os xogadores do club convocados foron Pablo Tresandí, do Alevín Masculino "A", e Greta Galbán e Marta Vázquez, do Alevín Feminino "B".

 

(Xaido Nimo e Julia Alves, benxamíns do club convocados á xornada)