(O Sénior Masculino "A" do club nun dos últimos adestramentos)
..
O conxunto Sénior Masculino "A", Syngenta Seis do Nadal, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado por Sergio González, Francisco Javier García e Albert Tomas, disputará a Fase de Ascenso á Liga EBA despois de rematar no terceiro posto do Grupo Sur da Fase Regular:
1º- VGO BÁSKET (Vigo)
2º- BOSCO SALESIANOS (Ourense)
3º- SYNGENTA SEIS DO NADAL (Vigo)
4º- PBB CONSTRUCCIONES CASTRO (O Porriño)
5º- PAVIMENTOS (Noia)
6º- SIGALTEC (Vilagarcía de Arousa)
7º- MIMELA EDM A ESTRADA (A Estrada)
8º- CAB OBRADOIRO (Santiago de Compostela)
9º- UNIVERSITARIO CAMPUS OURENSE (Ourense)
.
Os catro primeiros clasificados do Grupo Sur no que estaba encadrado o Syngenta Seis do Nadal e os catro primeiros do Grupo Norte (CB Culleredo, Baloncesto Cambre, CB Sarria e Escola Basket Xiria de Carballo), disputarán a Segunda Fase desta competición, a Fase de Ascenso á Liga EBA.
O primeiro partido do noso equipo nesta Fase de Ascenso terá lugar o próximo sábado día 27 de febreiro do 2016 ás 18:00 horas no pavillón municipal Navia ante o CB Culleredo, equipo primeiro clasificado do Grupo Norte da primeira fase.
Contamos con todo o voso apoio e ánimos para arrincar da mellor forma posible esta nova fase!